Experimentos

Como nenos/as que somos,  gústanos moito xogar e cando chega o bo tempo a auga é algo que nos atrae moito. Por iso un día decidimos botarlle auga a nosa espiga de millo. Facía  moita calor! Días despois a auga desaparecera. Quen a bebera? A vaca! dicían moitos. Enzo nos explicou que a bebera a espiga de millo.  Pero cal foi a nosa sorpresa que a medida que desaparecía a auga medraban na nosa espiga unhas pequenas plantas de millo. Maxia! Se son unhas plantas mellor plantalas na terra para que poidan alimentarse e agardar a ver que pasa...

Letras galegas

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Antón Fraguas. Nós ilustramos un poema que ten como protagonista unha vaca e tamén fixemos uns marcapáxinas.


Seguimos coas visitas

A nosa clase este último trimestre está sendo moi visitada. Unha mañá ao chegar atopámonos unha caixa con herba,  palla e millo. De quen sería? Ah!! Era a comida da nosa vaca...Queríanos amosar que ademais da herba tamén come outras cousas...

Materiais aportados

Antón  trouxo un debuxo no que nos explicou cada unha das partes que ten unha vaca.

Rosalía tróuxonos varios xoguetes con forma de  vaca, o conto "A vaca que puxo un ovo",  un bote que se o moves pódese oír o son dunha vaca e moita máis información que colocamos no mural.


Carla nos falou dunha raza de vacas: a rubia galega

Vega visitou unha granxa de vacas cos seus papás e tróuxonos moitas fotos. Nunha puidemos ver como uns tenreiros mamaban.


Daniel  tróuxonos o conto "La vaca Paca" un libro de texturas e sons.

Lucas tróuxonos  unha foto doutro  raza de vaca que lle estaba dando de mamar ao seu tenreiro

Simón atopou na casa do seu avó unha choca que se lle penduraba antes ao pescozo das vacas.

Enzo trouxo unha vaca coa que puidemos xogar moito e unha manualidade con forma de vaca. Uns artistas!!


Javier tróuxonos un xogo dunha vaca a que lle podíamos quitar as diferentes partes: cornos, rabo, ubre... Que  ben o pasamos!!

Francisco nos trouxo unha adiviña decorada con moitas fotos dunhas vacas ás que foi visitar.

Emma, buscando e buscando, lembrou que de pequechiña visitara a granxa de Xanceda e amosounos un montón de fotos.


Colaboración das familias

Elaboramos unha nota para as familias na que informamos  sobre o tema do noso novo proxecto de investigación. Pedímoslle a súa colaboración e todos/as nos puxemos a buscar materiais sobre as vacas. Temos que agradecer ás familias a súa boa acollida da nosa iniciativa así como a participación nas actividades deseñadas. Moitas grazas!!

Visita inesperada

Un día ao chegar a clase atopámonos cunhas pegadas. De quen serían? Moi curiosos empezamos a seguilas a ver ata onde nos conducía... Un cartón de leite!! O misterio estaba solucionado: unha vaca entrara na nosa clase... Teriamos que investigar moitas cousas sobre este animal e sería preciso poñernos mans a obra de contado.


Elección do disfrace

Tratando de aumentar o interese dos nenos e nenas polo proxecto decidimos disfrazarnos de vacas e leiteiras e leiteiros.
   Para iso contamos  coa colaboración das familias na confección dos disfraces cos que participamos no desfile do centro. Ese día tamén acompañamos o noso disfrace cunha pancarta que tiña lema: "O Entroido do Tilos sabe a leite".