Elección do disfrace

Tratando de aumentar o interese dos nenos e nenas polo proxecto decidimos disfrazarnos de vacas e leiteiras e leiteiros.
   Para iso contamos  coa colaboración das familias na confección dos disfraces cos que participamos no desfile do centro. Ese día tamén acompañamos o noso disfrace cunha pancarta que tiña lema: "O Entroido do Tilos sabe a leite".



Arranca o noso proxecto coa chegada do Entroido

   A chegada do Entroido foi o punto de partida para a posta en marcha do proxecto.
   Os días previos elaboramos unha carauta de peliqueiro onde o animal que aparecía na mitra era o debuxo dunha vaca.


Xustificación do noso proxecto


   Este proxecto xurde a raíz da proposta realizada polo equipo de biblioteca "Tilandra medra sa".

   Dado que son nenos e nenas moi pequenas tratamos de traballar o tema da alimentación a través dun alimento moi familiar para eles: o leite e a súa procedencia, así como os beneficios que nos aporta para a nosa saúde.
   O obxectivo principal foi iniciar ao alumnado, tendo en conta a súa idade e os seus intereses, na investigación, na formulación de hipótese, na reflexión, sacar conclusións,...; en definitiva a pensar e ser críticos.